O Vibra Balboa é un festival fóra do común, un encontro de cultura e natureza nun fermoso lugar entre as montañas do Bierzo leonés: Balboa.
Dúas pallozas, un auditorio natural no alto da montaña aos pés dun castelo medieval, unha praia fluvial, un museo de madeira e 3 locais de hostalería son os 8 espazos onde se desenvolven as diversas actividades do Vibra Balboa.
Dende Mada Producións colaboramos na organización e na comunicación deste festival xunto a unha equipa de profesionais de todo o Estado, nun evento que xa é unha referencia entre o público festivaleiro que busca experiencias auténticas e orixinais, fóra dun mercado xa saturado de macrofestivais sen personalidade.